Abaixo-Assinado (#50375):

Bolsas de Ampliación de Estudos Artísticos da Deputación da Coruña

Destinatário: A/A EXCMO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Perante a inclusión dunha nova cláusula que restrinxe ás candidaturas para as Bolsas de Ampliación de Estudos Artísticos da Deputación da Coruña, as persoas que abaixo asinan manifestan:

Que a adopción desta medida lesiona os dereitos dalgunhas persoas beneficiarias do ano anterior, impedindo postularse ás bolsas e pon en grave risco a finalización da súa formación.

Que esta decisión, tomada á marxe dos bolseiros e sen comunicación previa, imposibilitou a procura por parte destas persoas doutras fontes de financiamento que permitisen a continuación dos estudos iniciados, o que supón unha actitude irresponsable da Deputación da Coruña.

Por todo o exposto SOLICITAMOS sexa retirada esa cláusula nas convocatorias das Bolsas de Ampliación de Estudos Artísticos ou que, no seu defecto, permita presentar a súa candidatura a aqueles actuais bolseiros, cuxa formación non estea concluída.

Assine este abaixo-assinado

Dados adicionais:


Por que você está assinando?


Sobre nós

O AbaixoAssinado.Org é um serviço público de disponibilização gratúita de abaixo-assinados.
A responsabilidade dos conteúdos veiculados são de inteira responsabilidade de seus autores.
Dúvidas, sugestões, etc? Faça Contato.


Utilizamos cookies para analisar como visitantes usam o site e para nos ajudar a fornecer a melhor experiência possível. Leia nossa Política de Privacidade.